sábado, 7 de junio de 2008

sábado, junio 07, 2008

O Home de Vidro preséntase ante vos para crear un espectáculo sobre a LOUCURA. Necesitado de axuda, asilo e alento, faremos unha colaboración internáutica para realizar experimentos, recadar información, contrastar ideas, vínculos e demáis ferramentas. Nesta primeira fase espero que todo transcorra dun xeito caótico, xa haberá tempo máis adiante para a coherencia e a definición e non esquezades que eu sempre estarie aí, anotando posibles escenas, accións válidas, roubándovos anacos de vida, experiencias...., todo o necesario para que finalmente sexades tamén vos os que fagades o seguimento e a crítica do espectáculo resultante. 1ª DEFINICIÓN LOUCURA: 1. Transtorno mental polo que unha persoa perde a razón; demencia, tolemia. 2. Estado de quen sofre ese transtorno; demencia, tolemia. 3. Acción propia dunha persoa que perdeu a razón ou que demostra falta de reflexión e prudencia; tolada, tolemia. 4. Actitude irreflexiva; tolada, tolemia. 5. Paixón, sentimento, desexo ou entusiasmo moi forte ou excesivo. 1º EXPERIMENTO Como volver tolo a alguén? Chegaría con ir todos os días a mesma panadería a mercar uns zapatos? Valería con facer a mesma pregunta a alguén unha e outra vez? Canto tempo? Podería tan só repetir ao meu grupo de amigos a mesma anecdotilla estúpida? Cantas veces? Podería.................. Hai alguén aí????????

17 comentarios:

Mediopelo dijo...

"Quérote" os días pares e "Xa non te quero" os días impares.

Crisipo dijo...

Permítame discrepar señor mediopelo:
demasiada racionalidade, sería doado atopar unha pauta.....
sen embargo: hoxe amor desesperado, mañá absoluta frialdade, ao mediodía ollos tenros, polo serán desprezo evidente. Xogar cos sentimentos dun xeito caótico e incogruente eso si pode poñer a alguén ao borde da tolemia

Mediopelo dijo...

Iso sería demasiado normal, Crisipo. É a pauta a que conduce á tolemia. A incongruencia forma parte da natureza humana. Alma e caos son a mesma cousa... Quizáis habería que acompañar a pauta con algúns
acenos
accidentais
accesorios...

Crisipo dijo...

discrepo novamente señor mediopelo. A rutina, a pauta permite aferrarse á cordura, incluso as bruscas variacións na pauta, os "accidentes" forman parte da propia rutina, están emglobados nela: o ser humano é un animal rutinario, si un entra todos os día nunha panadería a comprar uns zapatos a panadera rematará por facerse colega do colgado ou por ter zapatos a venda, pero se sen nengunha lóxica temporal entras, de xeito reiterado, en ese mesmo establecimiento para pedir as cousas máis inverosimiles, entre elas o propio pan que venden, iso levará á tolemia a pobre vendedora, ou cando menos a conducirá, inexorablemente, cara a violencia.

O Home de Vidro dijo...

Estar fóra da pauta non é unha das características da tolemia? tamén dos extravagantes? dos borderliners? os raros? os artistas? e talvez tamén da natureza tan pouco natural que agora nos rodea?

Crisipo dijo...

A pauta, a rutina, proporcionan tranquilidade e equilibrio conducen cara á ataraxia, pero tamén poden levar cara á apatía. O diferente o raro nos perturba, nos desentabiliza..., romper a pauta conduce cara á tolemia pero realmente ¿queremos estar cordos?

O Home de Vidro dijo...

Non queremos estar cordos pero tampouco queremos estar tolos de todo...coma sempre, a maioría de nós, conformámonos cunha existencia in media res, sen decidirnos de todo...entronizando a loucura cando nos covén, a loucura simpática, sociable, idealizada, pero a ver quén pon un tolo na súa vida? quén se atreve á convivencia continua co desequilibrio? coma si de un "gran hermano de loquitos" se tratase, ollamos dende arriba todo o que sucede, agardamos o momento xusto para debuxar o sorriso parvo ante o chiste fácil: este era un tolo que un día foi a....

Crisipo dijo...

non queremos estar cordos pero menos estar tolos, non queremos ser normais pero menos ser diferentes, queremos ser especiais pero non queremos ser raritos: é certo home de vidro, queremos o orixinal, o imprevisible, o novedoso da tolemia, pero non queremos saber nada do negativo, do chungo, da enfermidade..... Apreciábase a excentricidade de Dalí pero ninguen quería ver diante a Van Gogh

Anónimo dijo...

Deberían existir curas de desequilibrio. Casas de locura feliz transitoria onde calquera podería explorar ou descansar da súa loucura, onde para mín o xefe supremo sería Van Gohg, ou o meu adorado Nijinski, nada de Dalí, por suposto!De ser o tolo, o máis tolo! e de ser normal, o máis normal! A vida no extremo, nunca no medio da corda! ainda que fora só unha fin de semán!

Crisipo dijo...

creo que xa existe algo en esa liña: realizar actos de locura transitoria, para que os pobre yuppies se desestresen, como por ejemplo o deroombing
http://www.iberblog.com/?p=24
l
Unha tolemia destructora capaz de arrasar cun hotel, pero a un precio moi asequible......

Anónimo dijo...

non sei se estou de acordo en que iso sexa tolemia, eu o achegaría máis á estupidez. A xente tola e máis valiente ainda nas súas arroutadas, nos seus actos de loucura transitoria non escollen hotel e pagan por horas, fanno sen horario definido de antemán e estean onde estean, nunha igrexa, nun supermercado ou nun cine.

Crisipo dijo...

Pero unha "Casa de locura feliz transitoria onde calquera podería explorar ou descansar da súa loucura", non deixaría de converterse na mesma pantomima.....

JORGE SOLANA AGUIRRE dijo...

Saludos!!

La locura se fermenta en nuestro interior.

Anónimo dijo...

En nuestro interior se fermenta todo y a veces regurgita, y esa es la gran alegría: Todo pa fuera, pa la calle!

Anónimo dijo...

Eu agora nin no interior nin no exterior, simplemente non estou...

Crisipo dijo...

no foi falta decilo hme de vidro, ven se ve que xa non estas, e que pouco a pouco vas quedando sen letras.....

Anónimo dijo...

Estimadas ausencias que te permiten recompoñer o inservible, reformar o que estaba en mal estado e ate recuperar o que non había. INICIO DO ESPECTÁCULO:Unha alfomnbra de crsitais rotos sobre o escenario, o son dun derrubamento, unha espexcie de grada dende onde observan figuras de cartón, as actrices polo de agora parecen ausentes...