sábado, 7 de junio de 2008

sábado, junio 07, 2008

O Home de Vidro preséntase ante vos para crear un espectáculo sobre a LOUCURA. Necesitado de axuda, asilo e alento, faremos unha colaboración internáutica para realizar experimentos, recadar información, contrastar ideas, vínculos e demáis ferramentas. Nesta primeira fase espero que todo transcorra dun xeito caótico, xa haberá tempo máis adiante para a coherencia e a definición e non esquezades que eu sempre estarie aí, anotando posibles escenas, accións válidas, roubándovos anacos de vida, experiencias...., todo o necesario para que finalmente sexades tamén vos os que fagades o seguimento e a crítica do espectáculo resultante. 1ª DEFINICIÓN LOUCURA: 1. Transtorno mental polo que unha persoa perde a razón; demencia, tolemia. 2. Estado de quen sofre ese transtorno; demencia, tolemia. 3. Acción propia dunha persoa que perdeu a razón ou que demostra falta de reflexión e prudencia; tolada, tolemia. 4. Actitude irreflexiva; tolada, tolemia. 5. Paixón, sentimento, desexo ou entusiasmo moi forte ou excesivo. 1º EXPERIMENTO Como volver tolo a alguén? Chegaría con ir todos os días a mesma panadería a mercar uns zapatos? Valería con facer a mesma pregunta a alguén unha e outra vez? Canto tempo? Podería tan só repetir ao meu grupo de amigos a mesma anecdotilla estúpida? Cantas veces? Podería.................. Hai alguén aí????????